instalacións
Cabinas de Fisioterapia
Estas salas están destinadas a realizar unha primeira exploración e valoración do paciente, co obxectivo de identificar o seu problema e tratalo a curto prazo. Ademais da redución da dor, tamén levará a cabo un proceso de educación en fisioterapia. Deste xeito, a persoa afectada será consciente da súa patoloxía ou cadro clínico, o seu alcance e o proceso de recuperación que será pautado: tempos, exercicios, recomendacións laborais, etc.
Sala de Pilates
Área do local destinada ao desenvolvemento das clases de pilates, tanto de forma individual como en grupos de ata catro persoas cunha carga de traballo similar. Esta actividade é moi beneficiosa para o tratamento da dor a curto, medio e longo prazo, xa que involucra á musculatura profunda e estabilizadora do corpo, permitindo deste xeito un mellor control do movemento. A sala está equipada con todo o material necesario para o correcto desenvolvemento de todos os exercicios.
Zona de adestramento
Espazo dedicado á realización de valoracións dinámicas e ao tratamento enfocado na mellora de síntomas a medio e longo prazo. Tamén é a área de traballo principal para a readaptación de lesións no deporte, especialmente en fases avanzadas do tratamento. Ademais, aquí lévanse a cabo tanto os adestramentos persoais e individualizados como as actividades en grupos reducidos para o acondicionamento físico, o rendemento deportivo ou a preparación de probas físicas. Está dividido en tres zonas diferenciadas.
Conoce as nosas instalacións
Zona de adestramento
Zona de cardio e hiit

Equipada con airbike, skierg e cinta ergométrica.
Zona de forza

Equipada con prensa horizontal, máquina de extensión e curl de isquios, rack con pesos libres, landmine e dobre polea en “V”.
Zona funcional

Equipada con máquina Smith, suspensión e demais materiais.
Horario de atención de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 21:30
© Javier Raposo. || Registro Sanitario: C-27-001408